Para celebrar o Día do Libro este ano levaremos a cabo diversas actividades que se desenrolarán arredor do 23 de abril e primeiros días de maio. As propostas son as seguintes.
- Knolling literario sobre O Principiño. Esta actividade é unha proposta para as familias. Toda a información AQUÍ
- Conto sobre Rosa Parks. Os membros do LeoClub de 5º nas horas de ler achegaranse ás aulas de infantil, 1º e 2º para contarlles un conto sobre Rosa Parks. A explicación e xustificación desta actividade AQUÍ
- Visita e contacontos de Rita Doallo. A autora de "Que enleada coa piada" fará varias sesións de contacontos para o alumnado de Infantil, unha o propio día do Día do Libro e outra á semana seguinte.
![]() |
Sesión en 5º de Infantil |

![]() |
Sesión para 3 e 5 anos |


![]() |
Sesión 1º A 3 1º B |
-Conto musical "Leo e o Principiño das estrelas" . Na semana do 5 de maio xuntarémonos no salón de actos para escoitar un conto musical que será cantado polo coro do cole. O protagonista será Leo, a nosa mascota da biblioteca que viaxará por distintos planetas do espazo e se atopará co Principiño. Remataremos con el a historia que deu comezo ao noso PDI este ano. AQUÍ ACTIVIDADE
- Creación de marcapáxinas: nas aulas de infantil andan a realizar marcapáxinas para celebrar esta data tan sinalada. No LeoClub tamén comezaron a deseñar os seus.




- Compartindo lecturas: A proposta da aula de terceiro é levar da casa o seu libro favorito e compartilo cos demais compañeiros da clase explicando por que lles gusta tanto e de que trata. Ao final todos levarán unha lista con todos os títulos.

- Apadriñamentos lectores. Celebraranse dous días, o 24 e 25 de abril. Á terceira hora da mañá xuntaranse os padriños e apadriñados en diferentes espazos do exterior así como na biblioteca onde haberá caixas con libros para escoller e ler. Os grupos serán os seguintes:
Xoves 24: 6º A -- 3 anos, 6º B -- 5 anos, 5º -- 4 anos, 4º B -- 1º B
Venres 25: 6º A --2º A, 6º B -- 2º B, 5º -- 3º, 4º A -- 1º A
![]() |
Selección de libros |
![]() |
Esperando polos padriños |







![]() |
Os padriños recollen aos apadriñados |