domingo, 21 de abril de 2024

Actividades Día do Libro 2023

 Mañá 23 de abril conmemórase o Día do Libro establecido pola UNESCO xa que nesta data faleceron tres dos grandes autores da Literatura Universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Para celebralo na nosa biblioteca ao longo desta semana levaremos a cabo as seguintes actividades:

- Taller de marcapáxinas. Nos recreos da biblioteca os que queiran poderán realizar simpáticos marcapáxinas de animais. Mirade o día que vos toca! 

- Realización dun Animalario. Desde hai uns días todas as aulas están a realizar as páxinas que conformarán un animalario sobre animais en perigo de extinción. 

- Creación do "Recantiño voador", un espazo no que se poderán deixar e/ou coller libros aos que aínda se lles pode dar unha segunda oportunidade, pero que na biblioteca xa non teñen cabida porque hai que deixar espazo para as novidades!!

Aquí podedes ver o noso "Recantiño voador"

Esta semana resolvemos o sexto e último reto

 A partir de mañá luns resolvemos o sexto e último reto do noso BuscaRebusca, unha actividade que resultou moi motivadora para os nenos que cada semana esperaban impacientes o novo reto. Con este tipo de actividades preténdese fomentar a participación na biblioteca, crear grupo, motivar aos participantes e aprender mentres xogamos. Cremos que todos eles se conseguiron ampliamente. Deixámosvos o sexto e último reto e unha mostra da participación do alumnado nalgunhas das diferentes actividades que se poden facer na biblioteca durante os recreos.                                                                                         

Reto de Infantil

Reto de Primaria


domingo, 14 de abril de 2024

Resolvendo o 5º reto

 Hai uns días os máis peques do cole andiveron a resolver o quinto reto. Foi unha sorpresa para eles decubrir que hai alguén máis perezoso ca unha tartaruga: O perezoso!! Tampouco entendían como era posible que non se lle vise a boca con tanto pelo. A expresividade das súas caras que recollen estas fotos o din todo!

      











Sesión Contacontos David Rodríguez

 O pasado martes 9 de abril visitou o noso cole David Rodríguez autor e ilustrador do libro "A Superavoa". Contounos esa fantástica historia na que pon en valor todo o que as avoas son quen de facer nunha familia. Tanto fan, que parece que tivesen poderes! Aquí vos deixamos un vídeo sobre a sesión.



mércores, 10 de abril de 2024

Actividade de Verbateca


 Hai uns días unhas intrépidas piratas visitaron o noso cole para amosarlles aos nenos e nenas de catro e cinco anos un dos tesouros máis marabillosos que posuimos e que debemos coidar e valorar: a nosa lingua galega! Durante a sesión fixeron moitos xogos e pasárono moi ben. Ao rematar cada un levou o seu cofre con moitos tesouros dentro.


                                                                                                                                                                      








A cativada de tres anos resolve o cuarto reto!

A semana pasada pasada os nenos e nenas de tres anos aproveitaron a súa visita á biblioteca para resolver o cuarto reto. Tiñan que buscar nos libros dos retos a que animal se correspondía a fotografía que estaba no sobre que apareceu na porta da súa clase. 
Repartimos os libros nos equipos para buscar.


Un dos equipos atopou a imaxe que buscaban!


    
Momento de comprobar que é a imaxe que buscabamos
Escribimos a solución




Reto realizado!






Xa estamos na semana do quinto reto

 Xa queda pouco para rematar de resolver todos os retos. Recordade que son seis e xa imos no quinto!! A actividade está sendo un éxito e moitos son os que se achegan a biblioteca para tentar dar solución a cada un retos. Moito ánimo rapaces e rapazas xa case chegamos ao final. Aquí vos queda o quinto reto!

Reto de Infantil

Reto de Infantil

Reto de primaria

Rapazada de terceiro buscando información nos libros para resolver o reto desta semana





mércores, 3 de abril de 2024

Imos a polo cuarto reto!

 Xa apareceu na biblioteca para o alumnado de primaria e nas aulas para o de infantil, o cuarto reto para que resolvades. Moito ánimo!



 

mércores, 20 de marzo de 2024

RECOLLEITA DE FOTOGRAFÍAS.

 Queridas familias:

Dende o equipo de biblioteca gustaríanos contar un ano máis coa vosa colaboración  no noso proxecto de centro, este ano adicado aos animais en perigo de extinción. É por iso que vos convidamos a que realicedes fotografías relacionadas con algún dos seguintes aspectos e nolas enviedes:

· Impactos humanos no medio ambiente: capturas dos impactos da actividade humana na natureza e o medio ambiente: contaminación, vertedoiros, incendios, etc

· Acción climática:  solucións climáticas na práctica ou acción de cambio (enerxías renovables, limpeza de praias e ríos, actividades sostibles, protestas ambientais, etc…)

· Animais no seu ambiente natural que capturen o seu comportamento, hábitat ou relación… Non serán de animais domésticos ou cautivos fotografados en zoolóxicos.

 Pódense enviar un máximo de dúas fotografías. Buscamos instantáneas espontáneas nas que se capture algunha das ideas expostas  anteriormente e  nas que preferiblemente non aparezan os/as nenos/as.

 Indicaranse os seguintes datos:

· Nome do/a alumno/a

· Curso

· Título e/ou o lugar da fotografía.

Serán enviadas ao seguinte enderezo de correo electrónico ata o 30 de abril.

bibliotecaseixalbo@gmail.com

Co material recibido faremos algún traballo de cara a final de curso.

Moitas grazas anticipadas pola vosa colaboración.

Equipo de biblioteca.



 

A polo 3º reto!

Comezamos a terceira semana de retos. Aquí vos deixamos o terceiro para infantil e para primaria.

Reto de Infantil

Reto de primaria






xoves, 14 de marzo de 2024

Día do Cómic 2024

 O 17 de marzo conmemórase o Día do Cómic e do tebeo. Esta data coincide coa publicación por primeira vez da revista TBO. 

Cartel da celebración deste ano
 realizado por Borja González

Aquí vos deixamos unhas bonitas viñetas sobre animais que seguro que vos farán pensar un pouquiño. Esperamos que vos gusten!

E se vos apetece podedes animarvos con este xogo sobre o cómic. 


E por suposto non esquezades realizar o voso propio cómic coas plantillas que vos propoñemos. Escollede a que máis vos guste. Logo faremos unha exposición.

Os máis peques do cole xa comezaron a traballar co cómic. Decidiron continuar unha das historias e entre todos foron aportando ideas do que podía saír do ovo da historieta: Unha tartaruga? Unha ovella? Unha vaca? Un cactus? Quizais unhas nubes? Ou tal vez un neno tolo...? A idea  que máis votos tivo foi.... UN SOL!!! Aique agora a continuar a historia na que do ovo saíu un sol! Aquí os podedes ver moi atarefados.
 
Que saíu do ovo? As propostas dos nenos e nenas de tres anos.

Os nenos e neas de tres anos subiron á biblioteca para ver onde
estaban os cómics e comprobar se todos tiñan bocadillos.

Máis momentos da realización dos cómics nas aulas.