O alumnado de 1º A estivo a traballar os ecosistemas na área de Ciencias Sociais. Grazas á implicación das familias (grazas pola vosa colaboración!) realizaron maquetas de ecosistemas fluviais, terrestres e mariños que cos seus detalles amosan unha gran comprensión dos contidos traballados.
A exposición que inicialmente se atopaba na aula, trasladouse á biblioteca para poñer en valor o esforzo do alumnado e favorecer que toda a comunidade educativa poida desfrutar e aprender con ela.
A biblioteca convértese así nun espazo vivo, que acolle iniciativas que enriquecen a aprendizaxe e fomentan a participación e a colaboración.










