domingo, 11 de maio de 2025

Conto musical "Leo e o principiño das estrelas"

 O pasado 7 de maio asistimos no salón de actos a unha emotiva audición dun conto musical. A profe Bea narrou a historia e o coro do noso cole cantou as cancións. O conto titulábase "Leo e o principiño das estrelas" e é que o protagonista da historia era a nosa mascota da biblioteca. Desde principio de curso, cando cormezaron as obras na biblioteca marchou ao espazo para ver se alí podería vivir temporalmente. Ese acontecemento deu lugar ao noso PDI sobre o espazo titulado "Universo Seixalbo". 

    O conto non podía ter mellor final, pois resultou que ao rematar o conto Leo apareceu de dentro dun foguete e ademais traía as cartas que todos os nenos e nenas lle escribira pedíndolle que volvese porque a biblioteca xa estaba arranxada. Foi moi emocionante toda a actividade. A profe Bea fixo que nos metésemos de cheo na historia, os nenos e nenas do coro cantaron moi ben,  o público tivo un comportamento exemplar escoitando atentamente e a aparición de Leo ao final foi unha sorpresa que ninguén esperaba desatando a alegria de nenos e nenas. Ademais no foguete, Leo  tamén traía un pequeno agasallo para todos. Un emotivo desenlace do noso PDI deste curso. Deixamos fotos e vídeo da actividade.




Agasallos de Leo









Xa de volta na casa!