O LeoClub de 5º levan unha temporadiña traballando sobre o libro "O EQUIPO DAS RAPAZAS"´de Pasqual Alapont, un título que lles encantou e que lles aportou moito. Nas súas páxinas noméase a figura de Rosa Parks e coincidindo coa celebración do 8M decidiron investigar, descubrindo que na biblioteca hai varios libros que falan sobre ela. Foi unha muller activista que loitou contra a segregación racial, pero mellor que volo conten elas porque pasaron pola radio para gravar un pequeno programa contando todo o que aprenderon. Tamén decidiron facer un mural que xa colga dunha parede. e como punto final estes días para conmemorar o Día do Libro achegaranse ás aulas de infantil, 1º e 2º a contarlles un conto sobre Rosa Parks.
Un mural moi especial que xa está pendurado nas paredes do noso cole xa que merece ser visto por todos e todas.
![]() |
Libros da biblioteca que falan sobre Rosa Parks |
SODES XENIAIS!!!