luns, 7 de abril de 2025

Actividade para as familias polo Día do Libro: Knolling literario co Principiño

Queridas familias:

Con motivo da celebración do Día do Libro, propoñémosvos participar nunha actividade creativa e divertida en familia, relacionada co marabilloso libro O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.

En que consiste a actividade?
Imos facer un Knolling literario. Sabedes o que é?
O Knolling é unha forma de colocar obxectos organizados e ben dispostos nunha superficie plana, vistos desde arriba (como unha foto aérea). No caso do Knolling literario, imos crear unha composición con obxectos que representen elementos do libro O Principiño: personaxes, lugares, frases, símbolos… todo aquilo que vos inspire a historia.

Que tedes que facer?

  1. Lede xuntos o libro, partes do libro ou unha adaptación ou lembrade o que máis vos gusta del.

  2. Buscade na casa obxectos que representen cousas importantes da historia (unha rosa, unha estrela, un avión, unha bufanda, planetas, etc.). Tamén podedes facer pequenos debuxos ou manualidades.

  3. Colocade os obxectos con orde e creatividade, sobre unha mesa ou o chan, formando unha composición bonita.

  4. Facede unha foto máis ben dende arriba da vosa creación.

  5. Enviádea ao correo: bibliotecaseixalbo@gmail.com

  6. Indicade nome, apelidos e curso

Data límite para enviar as fotos: 30 de abril.
As creacións recibidas serán compartidas e difundidas para que todas as familias poidan gozar da vosa imaxinación!

Animádevos a participar! Será unha fermosa maneira de celebrar o poder dos libros e da creatividade en familia.

Nas seguintes ligazóns tendes exemplos inspiradores: