Hoxe 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Xuntámonos no salón de actos e despois da presentación do acto de dous rapaces de sexto que o fixeron moi ben, vimos un vídeo no que se recollen os traballos realizados estas semanas por todo o alumnado. De infantil a terceiro realizaron debuxos nos que plasmaban como imaxinan que será a nova biblioteca despois das obras. Realizaron verdadeiras obras de arte con moitas e creativas ideas como poñer labirintos de estanterías, unha cociña para cocinar ou unha cama por se se necesita descansar. Non faltou ningún detalle. Todos os debuxos e explicacións quedan recollidas no vídeo. Pola súa parte os maiores de cuarto a sexto fixeron unha actividade de escritura creativa na que tiñan que continuar unhas historias relacionadas coa biblioteca e co noso PDI sobre o espazo. Non vos perdades os finais tan sorprendentes que escribiron.








