Estes días andamos a voltas coa celebración do Samaín e como xa é tradicional realizamos a terrorífica exposición de cabazas contando coa colaboración das familias que as decoraron incriblemente axustándose á temática do PDI sobre o espazo. Moitas grazas pola vosa implicación. Tamén contamos coa colaboración do EDLG na realización dun conxuro colaborativo no que cada aula engadía unha frase para que ao final resultase un misterioso e poderoso conxuro de Samaín.
Ademais o alumnado de 4º B realizou un audio-cuento, "A figueira de Pelostortos" para compartir con todos os compañeiros do cole. Mirade que ben o fixeron. Noraboa rapaces!


