mércores, 2 de outubro de 2024

Unha carta desde o espazo

 Hoxe puxemos en marcha o noso PDI sobre o espazo "Universo Seixalbo". Ao chegar ás clases atopamos unha tarxeta postal envolta en nubes e corpos celestes que nos enviaba Leo desde o espazo.

Carta de Leo a toda a rapazada


Houbo moita emoción e expectación coa postal de Leo e diferentes reaccións. Incluso nalgúns casos tomaron as medidas de protección necesarias, xa que ao tratarse dunha misiva espacial toda precaución é pouca.

O mellor é que os máis pequenos puideron levar un anaco da nube que envolvía a postal xunto con algunha estrela...!





Así o viviron nalgunhas das clases...