Amosando publicacións coa etiqueta Creación escrita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creación escrita. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de febreiro de 2025

A mensaxe de Leo

Na visita á biblioteca tdos os nenos e nenas botaron en falta ao noso amigo Leo que marchou ao espazo mentres a biblioteca estaba es obras. Nese tempo tentou comunicarse con nós en varias ocasións e a última vez houbo algún problemiña técnico. A mensaxe chegou distorsionada. A misión dos nenos e nenas é decifrar a mesaxe e escribirlle unha carta a Leo para dicirlle que xa pode volver porque a biblioteca xa está arranxada. Deixarán as cartas nun buzón na biblioteca para facerllas chegar ao espazo. Que lle contarán a Leo? Veremos algunhas das cartas que lle escribiron.



Aquí vos deixamos algunhas das cartas que o alumnado lle escribiu a Leo.

xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Xuntámonos no salón de actos e despois da presentación do acto de dous rapaces de sexto que o fixeron moi ben, vimos un vídeo no que se recollen os traballos realizados estas semanas por todo o alumnado. De infantil a terceiro realizaron debuxos nos que plasmaban como imaxinan que será a nova biblioteca despois das obras. Realizaron verdadeiras obras de arte con moitas e creativas ideas como poñer labirintos de estanterías, unha cociña para cocinar ou unha cama por se se necesita descansar. Non faltou ningún detalle. Todos os debuxos e explicacións quedan recollidas no vídeo. Pola súa parte os maiores de cuarto a sexto fixeron unha actividade de escritura creativa na que tiñan que continuar unhas historias relacionadas coa biblioteca e co noso PDI sobre o espazo. Non vos perdades os finais tan sorprendentes que escribiron.

                    

























martes, 14 de novembro de 2023

Entrega de premios aos gañadores do concurso "Búscase fin a contos do samaín"

 Aquí temos aos tres gañadores do concurso de escritura creativa do samaín. Noraboa aos tres! Tamén podedes ler e escoitar as súas historias.



Historia de Mateo Pereira 3º A




Historia de Uxía Freire 4º A



Historia de Beltrán Gómez 6º A


Tamén vos deixamos aquí as 7 historias finalistas para que tamén as poidades ler e escoitar na voz dos seus creadores!


Historia de Carla Fonseca 6º B 


Historia de Daniela 6º B 


Historia de Kenia 3º A 


Historia de Alexandre 4º A 


Historia de Yanira 6º B




Historia de Unai 6º A




Historia de Elian 6º A

luns, 6 de novembro de 2023

GAÑADORES DO CONCURSO "BÚSCASE FIN PARA CONTOS DO SAMAÍN"

OS GAÑADORES DO CONCURSO SON:


Os traballos presentados polos seguintes participantes tamén terán a oportunidade de ser gravados para publicalos no blog e na páxina web.

NORABOA A TODOS!



xoves, 26 de outubro de 2023

"Búscase fin para contos do samaín"

 Para conmemorar estas datas tan terroríficas a nosa biblioteca convoca o concurso: "Búscase fin para contos do samaín". Consiste en continuar unha das tres historias propostas das que se dá a primeira frase e unha imaxe. Canto máis terroríficas mellor! O prazo para entregalas remata o vindeiro 3 de novembro. Deixámosvos aquí as bases e as imaxes. E non olvidedes consultar o noso expositor de libros do samaín que os nenos e nenas colaboradores de sexto prepararon para estas datas!  








sábado, 10 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE CÓMIC

Sodes uns artistas! Co obradoiro do cómic sempre aparecen traballos fantásticos, e esta vez non ía ser menos. Ademais de telos todos expostos no cole, aquí podedes ver unha selección dalgúns deles. Menudas aventuras viviu Leo nas súas vacacións. Non deixedes de lelos, seguro que vos sorprenderán.



domingo, 14 de maio de 2023

II OBRADOIRO DO CÓMIC 2023

 O venres chegou ao noso cole unha maleta viaxeira chea de libros de banda deseñada que nos vén estupendamente para complementar o II Obradoiro de cómic iniciado o curso pasado e que tivo moi boa acollida polo alumnado polo que este ano lle damos continuidade. A forma de participar é moi sinxela. Collede unha das plantillas na biblioteca que máis vos guste e... a crear! Tedes dúas opcións coller unha plantilla baleira e facer a historia desde cero ou coller calquera das que xa están debuxadas pero nas que vós teredes que inventar o texto. O tema ten que tratar sobre as vacacións de Leo e a visita aos diferentes países durante o verán. Todos os que participen terán un pequeno agasallo. O prazo de entrega é do 18 ao 2 de xuño. Con todas as propostas recibidas faremos un novo libro para a biblioteca. Animádevos a participar!



 
















Aquí podedes ver e imprimir se necesitades as plantillas do obradoiro.
Plantilla baleira

Mexico

Brasil

Italia

Exipto

Países Baixos

Francia

Reino Unido

Australia

Xapón

Estados Unidos