Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de maio de 2025

Encontro co autor: Anxo Iglesias

 O 8 de maio a nosa biblioteca acolleu o encontro do autor Anxo Iglesias co alumnado de 6º que leu o seu libro "Unha nova dimensión". A xornada estivo chea de maxia coa poesía como protagonista, e moito humor. Anxo foi quen de facer ver a poesía con outros ollos aos nenos e nenas aos que conseguiu sorprender con moitas das súas propostas. Moitas grazas pola túa visita. Pasámolo xenial!!

















xoves, 24 de abril de 2025

Visita de Pablo Nogueira

 O 9 de abril o alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de contar coa visita do autor do libro que estiveron a ler na clase: Pablo Nogueira. Para recibilo prepararon unha pequena exposición con debuxos inspirados no libro e mesmo deseñaron unhas chapas moi orixinais  sobre Ringo, o protagonista do libro. Tiveron ocasión de charlar con el sobre a historia e mesmo de asinar cada un dos exemplares. Moitos quixeron agasallalo coa chapa que fixeron e na cortadora láser fixemos un deseño de Ringo e llo regalamos. Foi unha xornada chea de emoción e ilusión por coñecer ao autor dunha historia que os conquistou desde o principio. Grazas Pablo pola túa visita!

Cartel anunciador da visita
Portada do libro




Exposición preparada 

Todo listo para recibir a Pablo Nogueira












Chapas con deseños relacionados co libro




Agasallo de recordo




















mércores, 2 de abril de 2025

Día Internacional do Libro Infantil e visita de Rita Doallo

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro Infantil dun xeito moi moi especial!! Coincidindo co Club de Lectura recibimos unha sorpresa moi agradable. Contamos coa visita dunha escritora moi cercana a nós, Rita Doallo. E dicimos moi cercana porque Lúa e Breo, os seus fillos, son alumnos do noso cole. Que sorte temos de contar con persoas importantes tan pretiño de nós e que se presten a compartir unha tarde máxica no Club de lectura contándonos o seu conto e respondendo a todas as preguntas que lle fixemos. Ao rematar houbo para tod@s agasallos, chapas, debuxos, fotos e unha experiencia vivida diferente e moi emocionante. Grazas Rita Doallo pola túa xenerosidade e por un ratiño na selva tan divertido. No noso Instagram máis momentos deste día.