mércores, 15 de marzo de 2023

Aires de Holanda

O xoves 9 de marzo, os alumnos de segundo que están investigando sobre Os Países Baixos, recibiron unha visita moi especial: Kevin, que é precisamente de alí, aínda que agora reside en Ourense. O primeiro que lles chamou a atención foi a súa altura, porque mide 2m e tres centímetros, e claro, esa altura deunos a pista para saber que é xogador de baloncesto. Contounos moitísimas cousas deste país e ata lles falou en neerlandés! Todo un luxo! E se iso non fose suficiente, convidounos a un postre típico de Holanda. Unha riquísma torta de pasas e mazá que el emo fixo, porque lle encanta a repostería. Toda unha experiencia para eles. Grazas pola túa visita Kevin!