mércores, 8 de marzo de 2023

Nova sesión do club de lectura de 5º

 Hoxe volveuse reunir o LeoClub de 5º para dar comezo a unha nova lectura: "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas que xa leron os outros dous LeoClubs. Como actividade de introdución/motivación cada un inventou un personaxe fantástico co seu propio nome e cunha labor determinada que realizar na biblioteca. Foi así como xurdiu "Ilumini" cuxa misión é iluminar a biblioteca para que ninguén teña que forzar a vista, ou "O Monstro fantasma" con brazos elásticos para coller os libros máis altos, ou tamén "Sombra Negra" que mantén limpa a biblioteca co seu poder de absorción... Unhas ideas fantásticas e moi ocorrentes!