Os nenos e nenas de 6º de Infantil, volveron poñer os gorros de chefs para elaborar a última receita italiana do curso. Desta vez fixeron... Tiramisú!! Primeiro leron a receita para saber os pasos que tiñan que seguir, prepararon os ingredientes, e puxéronse mans á obra. Cando xa estaba rematado houbo que deixalo ata o día seguinta na neveira para que arrefriara ben e por fin ao día seguinte.... Xa a puideron degustar. Estaba exquisito. Non sobrou nadiña! Aqu´vos quedan unhas fotos e un vídeo da actividade.
domingo, 21 de maio de 2023
luns, 10 de abril de 2023
UNHA RECEITA ITALIANA: PIZZA PROSCIUTTO







DEGUSTACIÓN DE QUEIXOS FRANCESES!
Para irse con bo sabor de boca de vacacións de Semana Santa, os nenos e nenas de terceiro que están a investigar sobre Francia, puideron desfrutar dunha exquisita degustación de diferentes queixos franceses. E de sobremesa... Sorpresa! Un doce típico frances: Croisants!! Foi unha xornada rica, rica!
mércores, 15 de marzo de 2023
Aires de Holanda






luns, 16 de xaneiro de 2023
ACTIVIDADES SOBRE ITALIA
Os nenos e nenas de sexto de infantil seguen a traballar moito sobre Italia para aprender moitas cousas e ensinarllas a Leo, a nosa mascota da biblioteca. Na seguinte presentacón podedes ver as últimas que levaron a cabo: costruiron a Torre de Pisa con plastilina, simularon a Fontana di Trevi con lanzamento de moedas incluído e fixeron unha degustación de queixos típicos de Italia. Non deixedes de ver as fotos.
xoves, 6 de outubro de 2022
Unha rica ensalada italiana.
Os nenos e nenas de 5 anos quixeron aproveitar a calorciña que aínda fai a estas alturas e decidiron preparar unha rica ensalada caprese como a que se fai en Italia para así axudar ao noso amigo Leo a lembrar algo do moito que esqueceu das súas vacacións viaxando polo mundo. O mellor de todo é que os tomates necesarios para a súa elaboración non viñeron do supermercado. Son os da nosa horta!!!
Aquí vos deixamos unhas fotiños da xornada.
Grazas amiguiños. Leo estará moi contento, xa recuperastes un recordo dos que traía na súa maleta!




























