mércores, 15 de marzo de 2023

VISÍTANOS INMA SOTO, AUTORA DO CONTO "XELA"

 Hoxe as nenas e nenos de 3º tiveron unha visita moi especial! Estiveron con Inma Soto, que escribiu un conto cheo de aromas tamén especiais, porque arrecende a natureza, a flora e fauna, pero da nosa!!, da que temos aquí pretiño pero que non sempre valoramos. E ademais non veu soa, nooon...! Trouxo un montón de amigos: a vaca Marela, o merlo, o esquío, o corzo, o pica peixe, o peto, a xoaniña, a curuxa, a píntega, a ra etc.... Contoulles tantas cousas e aprenderon tanto que non a esquecerán. Faloulles da lingua do peto, da curuxa, do río, da fraga, da horta, do carballo e moitísimas cousas máis...

E ademais contoulles a historia de Xela, unha nena que vive na aldea e que é unha superheroína. Un conto que pon en valor o entorno rural e que nós mesmos temos a sorte de ter ao noso redor.
Grazas Inma pola túa visita e por amosarnos que somos tan afortunados coma Xela. Pasámolo xenial!!
E como non, antes de marchar asinou o noso conto de "Xela" da biblioteca e fixo unha foto con Leo. Xa formas parte do noso libro de visitas especiais!


!