mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano cambiouse a data da súa celebración do 24 ao 23 de febreiro xa que a aparición dun documento demostrou ca súa data de nacemento real foi o 23 de febreiro. Para homenaxeala dende biblioteca e dinamización da lingua galega realizamos as seguintes actividades. Ao longo de dúas semanas, todos os nenos do cole colaboraron na elaboración dun mural co rostro de Rosalía de Castro que foi debuxado pegando gomets.

AQUÍ MÁIS FOTOS E VÍDEOS






Ese mural estivo presente no acto que realizamos as 13:00 horas no patio, no que cada clase leu un poema de Rosalía de Castro. Tamén no día de hoxe a música do timbre recordounos a esta importante escritora galega, xa que sonou "Eu ben vir estar o moucho" poesía de Rosalía de Castro.


Cartel da música do timbre









Ata a nosa mascota Leo saíu recitar unha poesía de Rosalía
A nosa biblioteca tamén mercou varios exemplares sobre Rosalía de Castro que estiveron expostos durante o recitado de poesías. 

martes, 22 de febreiro de 2022

COMEZANDO CO ENTROIDO

 Esta semana estamos de celebración! É tempo de entroido e dentro do noso proxecto de biblioteca "Alucinando cores", este ano disfrazarémonos de obras de arte de distintos artistas. Estamos traballando neles duramente e seguro que vos sorprenderemos. Por outra banda o meco xa anda a facer das súas, e dende o luns xa nos deixou ben clariñas cales son os seus "mandadiños" e que todos temos que cumplir sen protestar. Ata Leo, a nosa mascota acatou os mandadiños do meco!






 

NOVIDADES DE XANEIRO E FEBREIRO

 Aquí vos deixamos algunhas das novidades dos meses de xaneiro e febreiro. Esperamos que vos gusten moito!!









DÍA DA AMIZADE

O 14 de febreiro celebramos no cole o Día da Amizade xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Nas paredes do cole colgáronse mensaxes de amizade para que cada quen as puidese cortar e con elas agasallar a quen quixese. Na clase de segundo escribíronse bonitas cartas aos amigos máis
queridos.




ENCONTROS CO AUTOR : A FOLLA AZUL DE ANDREA MACEIRAS

Un ano máis a Concellería de Educación de Ourense promoveu a actividade que leva por título "Encontros co autor". Este ano a obra elixida para ser desfrutada polos nenos e nenas de 5º de primaria foi "A folla azul" de Andrea Maceiras. 

O libro A folla azul relata a historia dun mundo verde así como o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Relata a historia de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde.

Foi un pracer contar coa presenza de Andrea Maceiras na biblioteca do cole coa que desfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas Andrea!






DÍA DA DIABETES

Dentro do noso proxecto "Alucinando cores", incluímos a actividade realizada o 14 de novembro con motivo da celebración do día da diabetes. Un día no que tratamos de dar visibilidade a esta doenza que acompaña na súas vidas a tres dos nosos nenos do cole e cos que quixemos empatizar coñecendo algo máis do seu día a día. Por iso ese día todo xirou en torno a cor azul, cor coa que se representa a diabetes. 


Os cadernos de actividades dos Bolechas (un proxecto de Anedia) foron os que nos serviron para aprender algo máis desta enfermidade. Tamén contamos coa visita de Sweet, un can de alerta médica co que vimos o importante labor que realiza acompañando a nenos diabéticos. Tamén fixemos un gran mural entre todos os nenos do cole no que pegamos unha man azul formando o anel que simboliza a diabetes. A continuación deixámosvos un vídeo e fotos deste día tan AZUL!


AQUÍ MOITÍSIMAS FOTOS!



luns, 21 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o "Día internacional da muller e a nena na ciencia", por ese motivo deixámosvos o seguinte material que esperemos vos sexa útil.

Na páxina web 11 de Febreiro podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEAM e un longo etc...

Aquí vos deixamos un vídeo, titulado "Ese lugar" que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU.



Outro recurso que podedes ver é a serie de animación  titulada "Mujer en la ciencia"

AQUÍ o "rosco das científicas" por se vos apetece xogar.


Outro vídeo atopado na páxina #NoMoreMatildas  


xoves, 17 de febreiro de 2022

LEO, A MASCOTA, VISITA AS AULAS

Leo, a nosa mascota da biblioteca, decidiu que quería coñecervos a todos, polo que pasará por todas as clases para pasar un día con vós. Irá acompañado pola súa maleta na que levará tres lecturas para que desfrutedes delas. Estade atentos porque as visitas serán sorpresa, pero polo cole teredes calendarios nos que saberedes onde está Leo de visita cada día.



Visita de Leo na aula de 2º


Visita de Leo en 3 anos


Visita de Leo en 3º B


Visita de Leo en 4º A





Visita de Leo en 6º A




Visita de Leo en 6º B



Visita de Leo 5 anos


Visita Leo 1º

4 anos B














4 anos A

A NOSA MASCOTA "COBRA VIDA"

Por fin chegou o momento de desvelar o que hai dentro do agasallo misterioso. Todos aportastes as vosas ideas: libros, xogos, unicornios, un sofá, un puff... pero o que realmente hai é..... Mirade o vídeo!!