Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

martes, 22 de febreiro de 2022

ENCONTROS CO AUTOR : A FOLLA AZUL DE ANDREA MACEIRAS

Un ano máis a Concellería de Educación de Ourense promoveu a actividade que leva por título "Encontros co autor". Este ano a obra elixida para ser desfrutada polos nenos e nenas de 5º de primaria foi "A folla azul" de Andrea Maceiras. 

O libro A folla azul relata a historia dun mundo verde así como o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Relata a historia de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde.

Foi un pracer contar coa presenza de Andrea Maceiras na biblioteca do cole coa que desfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas Andrea!