Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

martes, 22 de febreiro de 2022

DÍA DA DIABETES

Dentro do noso proxecto "Alucinando cores", incluímos a actividade realizada o 14 de novembro con motivo da celebración do día da diabetes. Un día no que tratamos de dar visibilidade a esta doenza que acompaña na súas vidas a tres dos nosos nenos do cole e cos que quixemos empatizar coñecendo algo máis do seu día a día. Por iso ese día todo xirou en torno a cor azul, cor coa que se representa a diabetes. 


Os cadernos de actividades dos Bolechas (un proxecto de Anedia) foron os que nos serviron para aprender algo máis desta enfermidade. Tamén contamos coa visita de Sweet, un can de alerta médica co que vimos o importante labor que realiza acompañando a nenos diabéticos. Tamén fixemos un gran mural entre todos os nenos do cole no que pegamos unha man azul formando o anel que simboliza a diabetes. A continuación deixámosvos un vídeo e fotos deste día tan AZUL!


AQUÍ MOITÍSIMAS FOTOS!