Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

martes, 22 de febreiro de 2022

DÍA DA AMIZADE

O 14 de febreiro celebramos no cole o Día da Amizade xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Nas paredes do cole colgáronse mensaxes de amizade para que cada quen as puidese cortar e con elas agasallar a quen quixese. Na clase de segundo escribíronse bonitas cartas aos amigos máis
queridos.