Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano cambiouse a data da súa celebración do 24 ao 23 de febreiro xa que a aparición dun documento demostrou ca súa data de nacemento real foi o 23 de febreiro. Para homenaxeala dende biblioteca e dinamización da lingua galega realizamos as seguintes actividades. Ao longo de dúas semanas, todos os nenos do cole colaboraron na elaboración dun mural co rostro de Rosalía de Castro que foi debuxado pegando gomets.

AQUÍ MÁIS FOTOS E VÍDEOS






Ese mural estivo presente no acto que realizamos as 13:00 horas no patio, no que cada clase leu un poema de Rosalía de Castro. Tamén no día de hoxe a música do timbre recordounos a esta importante escritora galega, xa que sonou "Eu ben vir estar o moucho" poesía de Rosalía de Castro.


Cartel da música do timbre









Ata a nosa mascota Leo saíu recitar unha poesía de Rosalía
A nosa biblioteca tamén mercou varios exemplares sobre Rosalía de Castro que estiveron expostos durante o recitado de poesías.