luns, 1 de xuño de 2026

Conto musical. O despertar de Benposta

Actividade musical enmarcada no PDI "Seixalbo Circus".
"O despertar de Benposta" conta cómo a antiga maxia de Benposta, a "Cidade dos Muchachos" , revive grazas a ilusión, a música e ao circo. Na biblioteca  de Seixalbo, Leo, a mascota e Botón descobren que Benposta está triste  e esquecida. Todo cambia coa chegada de Taconilla, a filla do pallaso Taconillo, que aparece no seu monociclo levando esperanza e alegría. Nenos e nenas marchan cara a Benposta para reconstruír o Circo dos Muchachos. A través das cancións, o baile e as ensinanzas de Taconilla, o lugar vai recuperando a vida.

Hoxe gozamos e participamos deste conto musical cantado polos nenos e nenas do coro do cole de Seixalbo.Como broche final, todos xuntos cantamos " Carpa de Luna", canción que cantaban os Muchachos ao tempo que montaban e desmontaban a súa carpa.
Pasámolo moi ben!!
Noraboa a todos os artistas polo seu traballo e esforzo ao longo do curso.
Grazas a tod@s os que fixestes posible esta actividade.