luns, 1 de xuño de 2026

Visita a Benposta

Hai uns días,  o alumnado de 3º B visitou as instalacións de Benposta para coñecer de primera man todo o que aprenderon na aula sobre esa cidade gobernada por rapaces. Tony Martínez, quen viaxou en tempos co Circo dos Muchachos, acompañounos durante a visita. Estiveron no Fiadeiro, local de reunión no que se conservan carteis, o retrato do Padre Silva e incluso a súa moto Montesa. Visitaron o ximnaxio, e como non a carpa. Foi moi emocionante poder experimentar e coñecer a cidade da que tanto falamos nas clases para traballar o noso PDI "Seixalbo Circus". Grazas Tony pola túa amabilidade!!