Hoxe Sabela Gago visitou a nosa biblioteca para pasar un ratiño do máis divertido cos nenos e nenas de infantil. As súas historias contadas dende o corazón e con tanta emoción fixeron que o público estivese do máis atento e o pasara xenial. Grazas Sabela pola túa maxia e por ser para nós unha fada con miles de historias gardadas nos petos.




