Para celebrar o Día do libro levamos a cabo os apadriñamentos lectores que tanto gustaron o curso pasado. Desta vez, os cursos de quinto e sexto leron a infantil e primeiro. Para o encontro cadaquén levaba unha folla dun libro que encaixaba coa do seu compañeiro simbolizando unha unión especial entre afillados/as e padriños e madriñas. A lectura realizouse ás 12:50 na hora de ler dos maiores e foi moi emotivo ver as conexións entre maiores e pequenos. Repetiremos de seguro!







Pola súa banda o alumnado de segundo pasouno xenial coas aventuras de Marjeurie, unha vaca un pouco peculiar que seica puxo un ovo. A profe Rosa Mari foi a encargada de contarllelo.



Aos curso de terceiro, a profe Elia contoulles "A mosca chosca" de Eva Mejuto. Pasárono pipa coas súas aventuras!





Pola súa banda o alumnado de cuarto divertiuse co conto "Andrés cabeza abaixo". A profe Bea foi a encargada de darlle vida a esta historia tan divertida. Foi unha xornada fantástica!



Os máis peques do cole tamén celebraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas con forma de pallaso. A súa garavata serve para sinalar a páxina na que qedamos. Son moi orixinais!.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


E como recordo todos os nenos e nenas levaron unha pegatina conmemorativa de agasallo.


Os máis peques do cole tamén celebraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas con forma de pallaso. A súa garavata serve para sinalar a páxina na que qedamos. Son moi orixinais!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
