luns, 4 de maio de 2026

Así era Benposta...

O martes 28 de abril, e dentro do marco do noso PDI "Seixalbo Circus", a nosa biblioteca recibiu a marabillosa visita do papá de Adam que sendo un neno de dez anos chegou para quedarse en Benposta. Falounos de moitas cousas: de que por ir a escola lles pagaban, que tiñan moeda propia e se chamana Corona, que tiñan imprenta propia para imprimir os billetes e os carteis do circo, que o circo viaxou por todo o mundo e que el foi un dos últimos alcaldes de Benposta!! Impresionounos!
Moitas historias moi interesantes que nos sorprenderon a todos.

Pero iso no foi todo!

Fíxonos unha demostracion de como Adam xa é capaz de poñerse de pé nos seus ombreiros e levantar os brazos.
Foi moi emocionante!!

Tamén nos ensinou como facer malabares. 

E por se fora pouco deixounos para o cole, carteis, moedas e billetes de Benposta e o seu circo.

Non temos palabras para agradecerlle a súa amabilidade. Foron momentos moi emocionantes, divertidos e tamén de aprendizaxe...
Mellor imposible!
Moitas grazas!❤️