O 9 de abril o alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de contar coa visita do autor do libro que estiveron a ler na clase: Pablo Nogueira. Para recibilo prepararon unha pequena exposición con debuxos inspirados no libro e mesmo deseñaron unhas chapas moi orixinais sobre Ringo, o protagonista do libro. Tiveron ocasión de charlar con el sobre a historia e mesmo de asinar cada un dos exemplares. Moitos quixeron agasallalo coa chapa que fixeron e na cortadora láser fixemos un deseño de Ringo e llo regalamos. Foi unha xornada chea de emoción e ilusión por coñecer ao autor dunha historia que os conquistou desde o principio. Grazas Pablo pola túa visita!
![]() |
| Cartel anunciador da visita |
![]() |
| Portada do libro |

![]() |
| Exposición preparada |
![]() |
| Todo listo para recibir a Pablo Nogueira |







![]() |
| Agasallo de recordo |




















