xoves, 24 de abril de 2025

Unha visita de catro patas

 Fai uns días a nosa biblioteca contou cunha visita moi moi especial. Xana!! Un ser vivo marabilloso de catro patiñas. Chegou acompañada de Nuria para regalar sorrisos e contar contos. E como non podía ser doutro xeito fixo as delicias dos nenos e neas de 4 anos cun conto moi emocionante e divertido.  

A presenza de animais coma Xana axuda a mellorar a comunicación, reducir a ansiedade e fortalecer os vínculos afectivos. E os nosos peques notárono ben!

Sentiuse tan a gusto que acabou quedando durmida entre contos e libros. Un sono merecido despois de tanto cariño recibido.

Grazas Xana por ensinarnos que aprender tamén se pode facer co corazón (e co fuciño!)






Visitade o noso Instagram para ver o vídeo @bibliotecaseixalbo