xoves, 19 de setembro de 2024

Obras de mellora na biblioteca!

 Esta que vos imos contar si que é unha noticia marabillosa. A nosa biblioteca está en obras! Unha obra que fai tempo que desexabamos facer. Cando estean rematadas imos ter unha biblioteca moito máis grande, con moitos espazos para actividades diversas de todo tipo para que cada quen atope o seu lugar. Teremos tamén a nosa radio instalada! Preparádevos para vivir un montón de experiencias! Só hai que ter un pouco de paciencia porque mentres se fan todos os traballos non podemos coller libros, nin xogos, vamos que temos que adaptarnos durante un tempiño. Pero, por suposto,  vai merecer a pena!!