martes, 7 de marzo de 2023

8M: VIAXANDO POLA IGUALDADE E EXPOSICIÓN MULLERES POLA CIENCIA

Non podiamos celebrar de mellor xeito o 8 M que falando, descubrindo e aprendendo o que fixeron algunhas mulleres destacadas nos diferentes países que estamos a traballar en cada aula dentro do PDI "Recordos na maleta". Dar importancia e poñer en valor o traballo e aportacións de moitas mulleres ao longo da historia axuda a fomentar o respeto e a igualdade de xénero e que haxa tamén referencias femininas para o noso alumnado. Por ese motivo cada curso investigou sobre unha muller do país que está a traballar. Co material realizado fixemos un gran mural na entrada ao centro, todo grazas a iniciativa do Equipo de Convivencia.















Na clase de 5 anos A quixeron facer unha homenaxe a todas as mulleres que inciden na súa aula tanto alumnas coma profesoras e no taboleiro que está á entrada da clase puxeron todas as fotos con adxectivos que as definen.
 Tamén na clase de terceiro prepararon un traballo sobre mulleres galegas que titularon "Mulleres galegas que abriron camiño".


Con motivo desta celebración durante quince días contamos cunha exposición de carteis titulada EXXPERIMENTA EN FEMININO. Trátase de 14 pósters distribuídos polos diferentes corredores do centro sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista podemos ler cales foron as súas aportacións e os premios e recoñecementos que recibiu. Con ela preténdese que o alumnado poida coñecer a presenza feminina nestes campos, instaurándose así novos modelos femininos. Durante estes días o alumnado percorre o centro buscando información nos distintos paneis que logo comentan,








E como non, a música do timbre tamén está adicada as mulleres. Esta semana sona: "Nais e avoas" de Pauliña, do seu disco "A Malfalada"