Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 6 de outubro de 2022

Unha rica ensalada italiana.

 Os nenos e nenas de 5 anos quixeron aproveitar a calorciña que aínda fai a estas alturas e decidiron preparar unha rica ensalada caprese como a que se fai en Italia para así axudar ao noso amigo Leo a lembrar algo do moito que esqueceu das súas vacacións viaxando polo mundo. O mellor de todo é que os tomates necesarios para a súa elaboración non viñeron do supermercado. Son os da nosa horta!!!

Aquí vos deixamos unhas fotiños da xornada.

Grazas amiguiños. Leo estará moi contento, xa recuperastes un recordo dos que traía na súa maleta!