domingo, 23 de febreiro de 2025

A mensaxe de Leo

Na visita á biblioteca tdos os nenos e nenas botaron en falta ao noso amigo Leo que marchou ao espazo mentres a biblioteca estaba es obras. Nese tempo tentou comunicarse con nós en varias ocasións e a última vez houbo algún problemiña técnico. A mensaxe chegou distorsionada. A misión dos nenos e nenas é decifrar a mesaxe e escribirlle unha carta a Leo para dicirlle que xa pode volver porque a biblioteca xa está arranxada. Deixarán as cartas nun buzón na biblioteca para facerllas chegar ao espazo. Que lle contarán a Leo? Veremos algunhas das cartas que lle escribiron.



Aquí vos deixamos algunhas das cartas que o alumnado lle escribiu a Leo.