Ao longo destes días, nenos e nenas puxeron en práctica a súa curiosidade e as súas habilidades científicas, realizando na casiña diferentes experimentos, observando os resultados e descubrindo que a ciencia está presente en moitas das cousas que nos rodean.
Foi unha oportunidade estupenda para aprender investigando, experimentar en familia e comprobar que non precisamos un gran laboratorio para facer grandes descubrimentos.
Neste vídeo compartimos os experimentos realizados polo alumnado. Agardamos que gocedes tanto coma nós vendo estas pequenas experiencias científicas!
Moitas grazas por sumarvos a esta iniciativa!