mércores, 18 de novembro de 2026

Actividades polo mes da ciencia nas bibliotecas

 Como xa viñemos anunciando este mes estamos levandoa cabo diferentes actividades na biblioteca con motivo do mes da ciencia en galego. Entre elas unha exposición de materiais que aportou o alumnado. A resposta foi moi positiva e contamos con varias coleccións de minerais, lupas, cunchas, microscopios e diferentes aparellos de laboratorio como probetas, recipientes, imáns, un disco de Newton, etc...








Por suposto, non pode faltar a nosa exposición de libros sobre esta temática:



Outra das propostas son pequenos retos matemáticos e experimentos que as titorías poden realizar cando visiten á biblioteca, como facer bailar unha serpe grazas a sondas sonoras, experimentar coa electricidade estática ou comprobar a impermeabilidade da canela e como o xabón rompe a tensión da auga.











Tamén temos un reto de investigación para resolver nos recreos. Cada día dúas preguntas para buscar as respostas nos libros seleccionados. Coas respostas correctas conséguese un selo no carnet científico e quen consiga todas as respostas terá un pequeno premio polo seu esforzo.








E por suposto, os máis pequenos, preparados coas súas gafas de científicos e científicas, tamén se suman á festa da ciencia realizando experimentos na súa aula. 





E por se pensabades que isto era todo... dicirvos que incluso Botón participou nesta celebración.  Ana explicou e demostrou con diferentes exercicios e xogos como o seu olfacto está moito máis desenrolado co resto dos sentidos.