xoves, 21 de maio de 2026

Letras Galegas 2026

En colaboración co EDLG levouse a cabo a realización colectiva dun mural co que dar pé para traballar a figura de Begoña Caamaño. Para iso tomamos como referencia a portada da obra "Begoñísima" da editorial cuarto de inverno, con texto de Andrea Nunes Brións e ilustrada por Agustina Shuan.




Realizamos tamén unha actividade sobre investigación sobre Begoña Caamaño. Consistiu en completar un breve cuestionario de seis preguntas, buscando a información nos carteis da exposición. Todos os que participen consiguen unha pegatina de agasallo.

E como non na música do timbre desta semana soou Begoñísima cantada por Uxía Senlle e Malvela.