Hoxe foi un día especial para a rapazada de 3º A e 3º B. Dentro do programa de Bibliotecas Creativas e grazas a Algarabía Animacións. realizamos un obradoiro de stop motion que foi do máis entretido, divertido e interesante. Tomás e Virginia foron os nosos guías nesta aventura tan especial.
Comezamos modelando as nosas figuras con plastilina: magas, equilibristas, forzudos, pallasos, etc...
A continuación pasamos á zona de animación e sobre uns fondos que ao longo da semana estivemos preparando colocamos as nosas personaxes e foto a foto coas tablets fomos dando movemento as nosas figuras. Os forzudos levantaban as pesas, os pallasos facían malabares, as magas poñían e quitaban o sombreiro e sacaban pombas, as equilibristas camiñaban polo arame e as ximnastas facían equilibrios e números divertidos coas pelotas. Quedaron xenial e pasámolo requetebén. Unha forma diferente de aprender que non esqueceremos. Grazas Tomás e Virginia. Deixámosvos fotos e vídeos da xornada.
















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


