O 28 de febreiro celébrase o Díad as Enfermidades Raras e no noso cole queremos apoiar esta causa e as familias que conviven con estasituación. Por ese motivo, o alumnado de 3º A e de 4 anos xuntouse na biblioteca para coñecer mellor esta realidade. Falamos sobre a importancia da empatía e da visibilidade. Despois lemos o conto "Mimi e a xirafa azul" e elaboramos uns marcapáxinas conmemorativos que levaron para casa como recordo desta xornada tan especial.












