martes, 10 de marzo de 2026

Día de Rosalía de Castro

 Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro o  EDLG lanzou esta proposta ao alumnado de cada aula, que tivo a oportunidade de expresar a súa propia interpretación de Rosalía. O resultado é o que vedes neste vídeo. creacións nas que se mesturan reflexión, creatividade e sentimento.

En cada traballo aparece non só a figura de Rosalía, senón tamén todo o que continúa representando na actualidade: a nosa lingua, a identidade, a sensibilidade e a riqueza cultural.

Deste xeito, nas aulas segue presente a súa inspiración: unha Rosalía que continúa viva a través da mirada das novas xeracións.