No CEIP de Seixalbo vivimos un Entroido cheo de maxia, cor e moita ilusión arredor do noso PDI, adicado este curso ao circo. Durante días preparamos no cole os disfraces que deron vida a un auténtico espectáculo: pallasos e pallasas de mil expresións, magos sorprendentes, coellos que saían das chisteiras, mimos, arlequíns e ata palomiteiros que parecían recén chegados dunha gran función.
O día grande achegámonos ao centro da localidade onde, baixo unha carpa, desfilamos e bailamos ao son da charanga. O ambiente foi festivo e participativo, cun público entregado que gozou co noso desfile circense. Despois, continuamos a celebración cun percorrido polas rúas da localidade acompañados pola música, compartindo a alegría do Entroido con toda a veciñanza.
Queremos expresar o noso agradecemento á asociación de veciños pola súa colaboración e implicación. A súa participación foi moi especial, xa que tamén adoptaron a temática do circo para vestir aos seus mecos, Paquito, Nicanor e Vicentiño que luciron espectaculares e contribuíron a encher de cor e humor a festa.
Foi unha xornada inesquecible de convivencia, creatividade e comunidade, da que deixamos testemuño nas imaxes que acompañan esta entrada. Agardamos que as disfrutedes tanto como nós gozamos vivíndoa.
![]() |
| Veciños e alumnos representando a pirámide do Circo dos Muchachos |
![]() |
| Mecos do pobo coa temática do noso PDI |
![]() |
| Cartel do Entroido do pobo de Seixalbo |





.jpg)




