Dende o equipo de Dinamización de Convivencia convidaron a todo o alumnado a investigar sobre as mulleres que nos levaron á lúa como parte do traballo levado a cabo no PDI deste curso.
Alumnas e alumnos das difentes aulas, achegáronse a RadioLeo a falarnos un pouco sobre a intesante vida destas mulleres que fixeron historia.Moi atent@s!!!
A finais deste mes de Marzo, recibiremos no noso centro dunha exposición temporal cedida pola Universidade de Vigo (eXXperimenta en feminino) sobre as mulleres que nos levaron á lúa. Trátase de 12 roll-ups que nos permitirán coñecelas máis a fondo.
Polo de pronto, o noso alumnado xa estivo traballando arredor da súa vida e velaquí tedes o resultado...
E como non, na nosa biblioteca temos unha pequena escolama de libros relaiconados con este te,a para todos os usuarios que o desexen .