martes, 4 de marzo de 2025

Entroido 2025!!

 Por fin chegou o gran día do desfile. Todo preparado para saír por Seixalbo a lucir os traxes que con tanta ilusión e traballo preparamos e coma sempre a charanga Brexit acompañounos no desfile enchendo as rúas de música, luz e cor. Moitas grazas á Asociación de veciños pola súa colaboración. Aquí vos deixamos as fotos dos diferentes disfraces coa temática do noso PDI deste ano: "Universo Seixalbo". Veredes planetas, estrelas, universos, sistemas solares, constelacións,  foguetes, soles e ata marcianos...