domingo, 23 de febreiro de 2025

Xornada de portas abertas 2025

 O pasado 18 de febreiro, tivemos o pracer de recibir ás familias na xornada de portas abertas do noso colexio. Foi unha ocasión especial, pois puideron coñecer de primeira man as instalaciones e o proxecto educativo do centro.

A visita comezou na nosa biblioteca, recentemente estreada, un espazo que queremos converter no corazón da aprendizaxe e da lectura para o noso alumnado. Alí explicamos os aspectos máis relevantes do funcionamento del centro, así como la importancia que ten a biblioteca na vida escolar.

Despois desta primeira toma de contacto, as familias realizaron un percorrido polas diferentes instalacións, descubrindo os espazos onde os nenos e nenas desenvolven o seu día a día. Foi unha xornada enriquecedora e ilusionante para todos!

Grazas a todas as familias que nos acompañaron! Agardamos que desfrutárades da visita tanto coma nós!











O alumnado de 5º do Club de Lectura, preparou para esta ocasión un agasallo para as familais que nos visitaron:  unhas estrelas en fieltro co nome do cole gravado. Fixérono na cortadora láser.