É tempo de preparar os nosos disfraces para o entroido. Pronto chegará o día en que faremos o desfile de por Seixalbo. Todos andamos moi atarefados preparando os nosos traxes, que este ano están relacionados co espazo, o tema do noso PDI. Algúns cortan e pegan, outros colorean e ata os hai que cosen!! Si, si, os peques do cole animáronse a coser con la as constelacións do seu disfrace. Pero tamén picaron as estrelas que levarán no traxe e na cabeza.











