domingo, 23 de febreiro de 2025

Formación do profesorado en Koha.

No CEIP de Seixalbo apostamos pola innovación e a mellora continua. Por iso, o noso equipo docente participou nunha formación sobre Koha, un sistema de xestión bibliotecaria de código aberto que nos permitirá optimizar o acceso aos recursos educativos.
Con esta capacitación, damos un paso máis na organización e dixitalización da nosa biblioteca, facilitando o acceso a libros e materiais para toda a comunidade educativa. Seguimos aprendendo para ofrecer o mellor ao noso alumnado!
Durante esta formación aprendemos como facer préstamos, devolucións e buscas en Koha. Ademais vimos cómo está organizada a nosa biblioteca.