O pasado luns 10 de febreiro o alumnado de 5º de primaria asistiu a unha xornada de encontros co autor organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense. Despois de ler o libro de Abel Tomé "Milú e o edificio das persoas extraordinarias" e realizar diferentes actividades, tiveron a oportunidade de asistir no Liceo de Ourense a un encontro co autor no que intercambiaron impresións acerca da sú obra e lle formularon as preguntas que desexaron. Ademais moitos nenos e nenas quixeron agasallar a Abel Tomé cun debuxo que lle fixeron para esta ocasión.
A obra é unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. Está protagonizada por un neno que ten o don de construír soños.
Aquí podedes ver as fotos da actividade.









