O 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia e durante todos estes días os nenos e nenas de infantil realizaron diferentes experimentos para resaltar esta data que pretende lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. Deixámosvos imaxes destas actividades.
Tamén podedes velo no noso Instagram #bibliotecaseixalbo
















