Despois de estar toda a semana aprendendo cousiñas sobre a estación espacial internacional, chegou o propio Día da Paz no que demos forma ao noso mural. Cada clase colocou o seu astronauta coa súa bandeira e a súa estrela. Nas estrelas escribíuse información da ISS e nas bandeiras mensaxes de Paz en galego e en inglés. Ademais Tais e Mael, dous alumnos de sexto, explicaron moi ben en RaioLeo toda a actividade. Deixámosvos fotos de toda esta actividade, así como doutra iniciativa das aulas de 2º A e 2º B que estiveron a traballar sobre as constelacións e fixeron un mural coa constelación da Paz.
![]() |
Nen@s de 4 anos observando con atención a ISS e facendo un debuxo dela |



![]() |
Preparando as mensaxes do mural |







![]() |
Diferentes clases colocando os seus traballos no mural |







![]() |
Mural rematado![]() ![]() Rapaces e rapazas de 2º facendo un mural coa constelación da Paz. |