O 6 de maio visitounos Érica Esmoris, autora entre outros títulos de "Patio de Luces", libro que estiveron a ler os nenos e nenas de terceiro de primaria. Recibímola na biblioteca e alí contounos en que se inspirou para escribir a historia de Lea, unha nena que os venres está co seu avó no baixo do edificvio no que traballa de porteiro. Explicounos que ela de nena viviu nun edificio moi alto da Coruña, no piso número quince, que tiña un patio de luces especial no que había un parque infantil e que tamén tiña un porteiro. A súa experiencia persoal foi a semente que diu lugar a esta historia tan divertida.

