A rapazada de tres anos é moi observadora e o día que foron facer o préstamo á biblioteca preguntáronse qué facían uns chalecos reflectantes na casa de Leo. Estiveron debatendo e falando de que eses chalecos os usaban algúns traballadores coma os xardineiros, policías, as monitoras dos autobuses, etc... pero non entendían qué facían nunha biblioteca. A resposta déronlla as propias usuarios dos chalecos: dúas rapazas de sexto que lles explicaron que eran axudantes da biblioteca e que o seu traballo consistía en manter ordenada a biblioteca, colocar nos andeis os libros que se devolvían, axudar aos nenos e nenas que o precisasen, etc... Amosáronlles os seus carnets de colaboradores e deixaron que os probasen. Que importantes se sentiron! Agora xa saben para que serven eses chalecos e que hai nenos maiores que axudan na biblioteca!
Páxinas
- Inicio
- PDI 22-23 "Recordos na maleta"
- PDI 23-24 "Tic Tac... animais desaparecendo"
- Curso 21-22
- Curso 22-23
- Curso 23-24
- Día da Biblioteca
- Día da Muller
- Día da Poesía
- Día do libro
- Club de Lectura Leoclub
- Samaín
- Nadal
- Formación de usuarios
- Biblioteca Familias
- Lecturas Plan Lector 23-24
- As nosas coleccións
- Plan anual de lectura
- Solicitude de fondos
Xuda a Jaws
Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.