domingo, 25 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro

 Polo Día de Rosalía de Castro, realizamos xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega as seguintes actividades: na biblioteca colocáronse dúas mesas con crebacabezas un de 100 pezas, para os máis pequenos e outro de 500 para que todos os que pasen por alí o poidan ir realizando. O propio día 23 de febreiro como o tempo non nos permitiu xuntarnos no patio, fixémolo no ximnasio. Unha vez reunidos fomos dándolle forma a dous crebacabezas, un para infantil e outro para primaria, aportando cada curso unha peza dos mesmos. Quedaron preciosos! Mirade as fotos e o vídeo da súa realización.