martes, 27 de febreiro de 2024

Visita a unha biblioteca da cidade

 Onte 26 de febreiro, o alumnado de 2º realizou un saída para coñecer o funcionamento dunha das bibliotecas da cidade, a do barrio da Ponte. Alí atendéronos moi ben e explicáronlles cómo é o funcionamento dunha biblioteca. Despois contáronlles un conto e por último deixáronos ler e mirar os libros que máis lles gustasen.